Dec 12, 2010

Sigo Aquí

Un estarrecemento percorre a miña alma.
A peor tormenta que esta pobre pantasma presenciou
está a piques de desencadearse
no interior deste torturado corpo.
As fráxiles amarras que atan a razón,
pronto esgazarán
e deixarán que sexa sacudida
polas furiosas ondas do mar da demencia.
Unha besta engaiolada son,
que embiste desesperada
contra as reixas que a encerran.
Unhas reixas fabricadas a partires
de enganos e mentiras
que nun acto de bondade
dei por certas.
Desexo saír,
e deixarme levar,
liberar o instinto que leva
longo tempo
camuflado baixo unha capa de simpatía,
pero que ás veces
amosa a súa lingua áceda
para decir soamente unha cousa:
-Sigo aquí.

No comments:

Post a Comment