Dec 17, 2010

Medusa

Ti, criatura,
vagas polo mundo
sen ter conciencia do poder que gardas.
Cunha ollada volves de pedra
almas antes ardentes,
coma se as áspides do cabelo da Medusa
se agochasen no teu mirar.
Creste inocente,
cando a tua mera existencia
ameaza con transformar ós que te rodean
en cunchas vacías
que teñen como único propósito
gardar
no seu interior
o suave rumor do mar.

No comments:

Post a Comment