Dec 20, 2010

Manicomio



Cómo sería descubrir unha mañá,
que a realidade que crías incuestionable,
non é máis que a paranoia dunha mente enferma?
Levantarse nunha habitación extraña,.
e que te reciba unha bata branca.
A túa cabeza énchese de voces
que desesperadas danche ordes contradictorias.
Pobre esquizofrénico.
Pode que vivr na ignorancia sexa a clave da felicidade,
pero o golpe que recibirás
cando o teu rumbo te leve a esnafrarte contra o muro da realidade
será maior se non avanzas cos brazos por diante.

Dec 17, 2010

Medusa

Ti, criatura,
vagas polo mundo
sen ter conciencia do poder que gardas.
Cunha ollada volves de pedra
almas antes ardentes,
coma se as áspides do cabelo da Medusa
se agochasen no teu mirar.
Creste inocente,
cando a tua mera existencia
ameaza con transformar ós que te rodean
en cunchas vacías
que teñen como único propósito
gardar
no seu interior
o suave rumor do mar.

Dec 12, 2010

Sigo Aquí

Un estarrecemento percorre a miña alma.
A peor tormenta que esta pobre pantasma presenciou
está a piques de desencadearse
no interior deste torturado corpo.
As fráxiles amarras que atan a razón,
pronto esgazarán
e deixarán que sexa sacudida
polas furiosas ondas do mar da demencia.
Unha besta engaiolada son,
que embiste desesperada
contra as reixas que a encerran.
Unhas reixas fabricadas a partires
de enganos e mentiras
que nun acto de bondade
dei por certas.
Desexo saír,
e deixarme levar,
liberar o instinto que leva
longo tempo
camuflado baixo unha capa de simpatía,
pero que ás veces
amosa a súa lingua áceda
para decir soamente unha cousa:
-Sigo aquí.

Dec 10, 2010

Vendo Golpes


Desaparecer.
Esfumarse sen máis.
Viaxar á realidade alternativa,
onde a dor
se mida en moedas de resplandecente ouro.
Vivir mendigando golpes,
roubando couces,
atracando bancos a punta de pistola
para obter unhas cantas puñadas.
A máis sufrimento
maior riqueza.
Ó mesmo tempo
que ves correr o teu sangue,
podes observar como na túa conta de aforros
medran os ceros á dereita.
Podendo vagar por este vapuleado mundo,
por qué seguir vivindo
onde nada cobras
por acabar coa metade dos ósos rotos?

Dec 9, 2010

Megalomanía


Pobre Deus.
Só é un velllo megalomaníaco.
O peso da súa omnipotencia
xa lle fixo botar chepa.
Parecíalle a Atlas
que o peso do mundo
era demasiado para levar sobre os ombros.
Que diría entón
se sobre el descansase o universo enteiro?
Dise
que non hai mellor cego
que aquel que non quere ver.
Pero o desgraciado Deus
non pode optar a eso.
O seu poder condénao a obsevar,
a estar presente
en todos os desgraciados actos
que a cada minuto se producen arredor do planeta.
Desexou arrincarse os ollos
pero aora esre decrépito vello
está demasiado cansado coma para intentar sequera
preocuparse polas súas creacións.
Nin con todo o seu poder
puido cambiar a naturaleza da súa
perfecta obra de arte”.

Dec 6, 2010

Inexistencia I

Fe relixiosa.
Crenza irracional
nunha entidade superior,
co poder suficiente para guiar,
alterar e condicionar
os actos dos seres humáns.
Ti cres?
Pensas que actúas
segundo os desexos dun deus?
Non intentes enganarte a ti mesmo.
Un ser perfecto,
todo bondade,
crearía unha criatura
capaz de autodestruírse
cada vez de maneira máis eficaz?
Só somos os soldadiños de xoguete
que un neno mimado
usa un par de veces
e despois deixa esquecidos.
Quizais sexa máis axeitado dicir
que actúa coma o neno
que destroza un formigueiro,
só por diversión,
inconsciente
dos sentimentos que as pobre criaturas
poidan ter.
Pero,
por qué esta necesidade?
Por qué se non cremos en nada
non nos sentimos completos?
Por que non existe persoa algunha
que non teña fe en algo.
-Son ateo! -claman algúns.
Certo, nn cres en ningún deus,
pero a túa fe céntrase en cousas máis comúns.
Quizais o ídolo que adoras
sexa a idea da bondade humana,
un ser humano en si mesmo,
ou quizais algo máis...
mundano,
máis vulgar aínda.
Quizais o teu deus sexa o diñeiro.
E se realmente non tes fe en nada,
non te das conta
de que a túa atención
está centrada nunha entidade
superior aínda
ó propio deus?
Porque o que ti fas
é adorar,
rendirlle culto,
á Inexistencia.