E con estas liñas
son o canto dun paxaro
resignado,
unha ave con ás de
granito,
destinada ao confinamento
eterno.
Pétreas bágoas golpean o
chan,
ter a porta á liberdade
aberta
e non poder fuxir en pos
dela,
ese é o lamento,
inpirador de melodías de
bardos,
musa de poetas ancestrais,
rasgado son de trompetas
celestiais.
Pero o rochoso animal
segue deprimido,
a beleza do seu canto non
é suficiente,
segue sen poder alzar o
voo.
No comments:
Post a Comment