Como se dun San Xoán
calquera se tratase,
as fogueiras resplandecen
entre o xentío.
As lapas iluminan
ferventemente
enrugadas faces ávidas de
dor.
Unha procesión de reos
marcha pola cidade, camiño
da calor.
Crueis alfombras de sal
cobren as rúas,
as chagas dos pés espidos
non o agradecen.
Afortunados aqueles que
tropezan e caen,
pois eles xa non se
volverán erguer.
A gran educación infantil
pode medirse
polas pedras que os nenos
lanzan aos encadeados,
a ritmo de himnos e
salmos.
E os herexes aguantan o
diluvio,
coa esperanza de que un
deses croios leve o seu nome
e un golpe con sorte os
libere do destino que lles espera.
Pero non a todos lles
sorrí a fortuna.
Pobre daquel que chegue á
meta.
Sen crer na existencia do
Inferno,
sufrirao en vida.
No comments:
Post a Comment