Sep 24, 2013

Camiños

Camiños entre as herbas altas
ata os xeonllos.
Verde cabeleira que ondea co vento
do nordés.
Veas vacías que percorren o lombo
dun xigante durmido.
E é nesas veas onde a serpe pelexa coa aguia.
Cairos contra poutas,
escamas contra plumas,
un círculo de golpes sen vencedor.
E cando a aguia alza o voo
co corpo inerte do seu contrincante,
o sutil veleno actúa,
caendo ambolos dous entre as verdes herbas altas
ata os xeonllos.

No comments:

Post a Comment