Sep 24, 2013

Camiños

Camiños entre as herbas altas
ata os xeonllos.
Verde cabeleira que ondea co vento
do nordés.
Veas vacías que percorren o lombo
dun xigante durmido.
E é nesas veas onde a serpe pelexa coa aguia.
Cairos contra poutas,
escamas contra plumas,
un círculo de golpes sen vencedor.
E cando a aguia alza o voo
co corpo inerte do seu contrincante,
o sutil veleno actúa,
caendo ambolos dous entre as verdes herbas altas
ata os xeonllos.

Mar 6, 2013

Sons


Soan os tambores da guerra.
O latido dun enorme e famento animal,
provoca 
que memorias primixenias afloren a cada golpe.
A leoa deixa de espreitar á súa presa,
a águia baixa do seu trono nos ceos
e o salmón déixase ir a favor da corrente.
A atmosfera vibra,
un fío en tensión,
esperando
a que o son do seu rasgueo derrube cidades.
Fuxen as nubes,
a choiva non presidirá este cambio,
só un deus enfermo
que perdeu o control do seu dourado carro

Jan 31, 2013

A pequena evasión


Fuga na tubería principal.
A gota quere fuxir do sistema,
farta da opresión e da represión
do frío e duro cobre.
Precipítase dende as alturas,
buscando aventuras,
coa esperanza de chegar a ser chuvia.
Duro é o comezo do éxodo.
Terrible a aterraxe.
Frío e duro é tamén o chan.
Lisiada pero animada
arrástrase lentamente pola superficie,
ollando á saída.
Mais primeiro obstáculo.
Un trapo.
A fuga xa foi percibida
e rápidamente tapada.
E a gota limpada.
Atrapada entre o tecido,
viaxa a outro mundo, 
outros horizontes.
Mais segundo obstáculo.
Cando o trapo é retorcido cae,
nunha nova prisión,
de plástico.
Aquí esvaécense as esperanzas da nosa gota,
entre outras moitas que sofren o seu mesmo destino,
antes de acabar nas fauces dun pequeno ser canino.

Jan 28, 2013

Himno


Honrando eses pobres espíritos,
atrapados en melodías,
tonadas cheas de recordos
que alegran e amargan.

Esperado é o momento no que se liberen,
ansiada a chave que abra a gaiola,
mais non é doado:
os sentimentos con forza amarran.

Silbidos e tarareos,
vanos exhorcismos fallidos,
tenaces demos invasores
que coma un coro cantan.

Esquecidas están as primeiras intencións,
o afán de liberdade xa o enche todo,
o himno resoa en cada oco,
e vellas memorias espertan.

E cando xa asumido está o problema,
cando o desagradable sabor da nostalxia
comeza a volverse dulce,
o espírito vólvese canción.