Volve a min, inspiración!
Con este intento vacuo
comezo a construír a túa
futura gaiola.
Regresa!
Devólveme esa
satisfacción,
a éxtase da creación!
Permíteme unha vez máis
ser Deus.
Dar vida a unha mestura de
liñas,
e crear un microuniverso,
poblado de sentimentos
paranoides
e de emocións suicidas.
Con eses mouchos que
sobrevoan a miña cabeza,
os meus ollos non son
capaces de volver ao papel.
Ágonico terror ao espazo
en branco!
Luminoso vacío
primixenio.
Veña, inspiración!
O teu destino é ser a
chispa, o detonador,
deste Big Bang de ideas
confrontadas.
No comments:
Post a Comment