É un virus.
Nunha súbita explosión
de animosidade,
máis e máis escravos
chegan para unirse ás
filas dos contaxiados.
Cada enfermo cree que é
distinto,
esixe para sí o dereito a
tratamento,
e ao mesmo tempo pide,
hipócritamente,
que a xente á que
transmitiu a praga
sexa tamén tratada.
E o Paciente Cero gábase
do seu logro,
cun par de tusidos aquí e
alá,
reviviu un fiel exército
de mentes vacías,
animadas pola esperanza de
que as ordes que reciben
sexan pensamentos de
creación propia.
E cando a armada de
enfermos
se encontra coa antagónica
milicia de leprosos
co cerebro podre e cheo de
aire,
comeza unha épica guerra,
un inacabable combate que
se ven repetindo,
ano tras ano,
en todo medio susceptible
de convertirse en campo de batalla.