Observaos,
felices
na súa clandestina reunión
a
plena luz do día.
Unha
nova especie de vampiros,
hipócritas,
xa
nin ó Sol temen.
Con
falsas promesas
chúchannos
a vida,
o
tempo
e
ata os cartos.
Con
ameazas de sufrimento eterno
intentan
someternos
á
súa vontade.
Pretenden
que nos axeonllemos
diante
dun deus de madeira.
Sermonéannos,
provocan
que nos odiemos a nós mesmos,
que
renunciemos
á
propia natureza humana.
Martirízannos
para
que deixemos
de
comportarnos como
“animais”.
Tan
limpo nos deixan o cerebro,
que
se o Chupasangues Supremo
anuncia
o seu próximo destino,
acudimos
coma moscas ó esterco,
quizais
ansiando
que
deixe algunha gota,
por
minúscula que sexa,
para
acabar nós de deixar seco
o
cadáver da Humanidade.
No comments:
Post a Comment