Fume
e lume.
Chispas
e faíscas.
Ante
atónita ollada dos presentes o vello deus ígneo decidiu facer o
seu regreso.
Desolación
e desesperación.
E
regresou esfameado, paseando a ardente lingua entre os espectadores.
Rozaduras
e queimaduras.
Os
xa non espectantes retórcense coa dor, avivando o sádico ánimo do
deus incendiario.
Burbulleando
e apestando.
Poderoso
incendio, pero o tempo non pasa en van nen tan sequera polas
divinidades.
Esgotamento
e esvaemento.
O
divino calor vaise conxelando, o ventre xa o ten cheo e disponse a
durmir outro par de anos.
Cinzas.
Durante
anos só quedará ese legado.
No comments:
Post a Comment