Jul 12, 2011

Saga do Fénix IV - Altar do Sol


-A quen rezas
alma cativa?
Quen che mandou xuntar
semellante monte de croios?

-A un Deus de Lume
rezo eu.
Pregúntasme por esas pedras.
Sangue e suor
cobren a súa superficie.
Esforzo sobrehumano
me costou reunílas.
Quen me mandou?
O mesmo Helio
ordeoume que lle construíse un altar.
Unha monolítica chapela
que perdure durante milenios.
Un santuario
que os nosos descendentes
usen para rendirlle culto.
Oh, poderoso ser ígneo!
Aquí está a miña ofrenda:
O Altar do Sol.

2 comments:

  1. Se algún significado ten a pedra, ese é Eternidade.

    ReplyDelete
  2. Aparte de ser un símbolo de castigo, e se non que llo digan a Sísifo.

    ReplyDelete