Jan 31, 2013

A pequena evasión


Fuga na tubería principal.
A gota quere fuxir do sistema,
farta da opresión e da represión
do frío e duro cobre.
Precipítase dende as alturas,
buscando aventuras,
coa esperanza de chegar a ser chuvia.
Duro é o comezo do éxodo.
Terrible a aterraxe.
Frío e duro é tamén o chan.
Lisiada pero animada
arrástrase lentamente pola superficie,
ollando á saída.
Mais primeiro obstáculo.
Un trapo.
A fuga xa foi percibida
e rápidamente tapada.
E a gota limpada.
Atrapada entre o tecido,
viaxa a outro mundo, 
outros horizontes.
Mais segundo obstáculo.
Cando o trapo é retorcido cae,
nunha nova prisión,
de plástico.
Aquí esvaécense as esperanzas da nosa gota,
entre outras moitas que sofren o seu mesmo destino,
antes de acabar nas fauces dun pequeno ser canino.

Jan 28, 2013

Himno


Honrando eses pobres espíritos,
atrapados en melodías,
tonadas cheas de recordos
que alegran e amargan.

Esperado é o momento no que se liberen,
ansiada a chave que abra a gaiola,
mais non é doado:
os sentimentos con forza amarran.

Silbidos e tarareos,
vanos exhorcismos fallidos,
tenaces demos invasores
que coma un coro cantan.

Esquecidas están as primeiras intencións,
o afán de liberdade xa o enche todo,
o himno resoa en cada oco,
e vellas memorias espertan.

E cando xa asumido está o problema,
cando o desagradable sabor da nostalxia
comeza a volverse dulce,
o espírito vólvese canción.