Adicción
garantizada.
A
personalidade decidiu facer un mutis polo foro.
Adrenalina
desatada.
Sintes
que podes enfrontarte ó máis fero lobo.
Endorfinas
danzantes.
Trazan
círculos arredor do ego.
Intentan
sofocar os incendios latentes,
que
se agochan no cerebro.
Pero
agora que sabes que non se repetirá,
que
ese soño feito realidade só foi unha ilusión,
preferirías
que che dixeran: “ Ela fuxirá!”,
e
non ter disparado ese canón.