E foi
entón cando o antigo robot se ergeu co seu novo corpo humano.
Falláronlle as pernas e caeu ó chan, enterrando a cara na húmida
terra. Ergeu a cabeza, pequenas rabuñaduras cubríanlle a face.
Lentamente abriu a boca e coa súa nova voz dixo:
-Síntome
coma unha merda.
Ergeuse totalmente e mirou ó sol
que se poñía no horizonte, sentiu como a luz lle quentaba a pel e
secaba as bágoas que lle baixaban polas meixelas.
-Pero polo menos sinto algo.