Como o fume que anuncia a
inminente erupción,
a pel muda a súa cor,
o sangue fervendo emigra
cara as meixelas,
o relucir febril da ira
contida asexa a través das pupilas,
as fosas nasais aspiran o
frío aire da noite,
un van intento de calmar a
besta.
Farto dos golpes,
rebotan nas escamas, si,
pero o continuado balbordo
que causan dentro da coiraza
tamén é irritante.
Cada palabra, cada ollada
cada presenza que se sinte
cerca
ten a oportunidade de ser
a gota que colme o vaso.
As ansias de esnaquizar,
o ancestral instinto
asesino da rata acorralada,
a furia do lobo ferido,
da nai oso que ve
ameazados os seu fillos.
O poder destructivo
elemental da natureza.
O tsunami.
A tormenta eléctrica.
O ciclón.
O tifón.
O terremoto e a erupción.
Concentrados no mismo
ente.
Esa rabia contida que
transforma ó máis endeble home
no méis fero dragón.